Domingo. 03.11.2024
El tiempo

O PP volve mentirlle ás familias de Laxe dicindo que “ata teñen un Auxiliar de máis”

A popular Cecilia Vazquez no Parlamento Galego
A popular Cecilia Vázquez no Parlamento Galego
O PP volve mentirlle ás familias de Laxe dicindo que “ata teñen un Auxiliar de máis”

Por terceira vez chegou o caso dos recortes no CEIP Cabo dArea de Laxe ás comisións do Parlamento Galego. E por terceira vez, a Xunta evita escoitar o clamor das familias, e tira de números, e de mentiras, para negar a realidade. Como fixo a semana pasada o Conselleiro Román Rodríguez, neste caso foi a deputada popular Cecilia Vázquez a que negou a maior, afirmando que “todas as unidades están por debaixo da rateios máximos establecidas”.

Chegou mesmo a bromear, en relacións as repetidas veces que se está a falar no Parlamento deste centro, sobre se o de Laxe é o único centro da Costa da Morte con recortes. Unha auténtica tomadura de pelo ao resto da comarca, que está a demostrar o seu civismo en ducias de concentracións.

Foi o deputado carballés Daniel Pérez, o que a través do BNG volveu a levar o asunto á Comisión 4ª de Educación e Cultura, e o encargado de criticar con dureza a “cara de cemento” da deputada popular, despois de que esta sinala que o ”centro laxense é o perfecto exemplo entre o que vostedes din e que pasa na realidade, un claro exemplo de manipulación”. Referiríase tamén ás familias que aínda o pasado venres se concentraban ás portas do centro?

Vázquez chegou a dicir que o centro conta “cun auxiliar PT máis do que lle corresponde”, cando na realidade como confirman dende a ANPA, os especialistas que ten o centro son os mínimos por lei que esixe o catálogo pola tipoloxía co centro, e que ademais o segundo PT que lle corresponde foi enviado despois das primeiras mobilizacións a comezo de curso.

Criticoulle aí o deputado do BNG que nin se preocupase por preparar a resposta e nin sequera falase co centro ou coas familias, para

“Nós non temos nada de máis” aseguran dende a ANPA, cunha rabia tremenda ante as constantes mentiras da Consellería, ante as que as familias xa non descartan nin a vía xudicial. Explican que por catálogo lles toca 2PT e 1 AL, pero iso non impide que en caso de necesidades se aumente esa dotación, o que acontecía o ano pasado, cando si que tiveron outra AL a tempo completo (desaparecida este ano, e nin sequera reposta a través da trampa do PROA), cando eses nenos con Necesidades Educativas Específicas (arredor do 20%) seguen no mesmo sitio.

Daniel Pérez lamentou a “falta de empatía” dos políticos do PP, a empezar polo conselleiro de Educación, coas familias de Laxe, ás que “lles están dicindo que os seus fillos non van poder contar coas oportunidades de desenvolvemento e aprendizaxe que lles corresponden por dereito”, concluíu.

Máis novas

Comentarios