mércores. 30.04.2025
El tiempo

A comunidade escolar de Carnota volve este domingo á rúa

Concentracion Carnota
A comunidade escolar de Carnota volve este domingo á rúa

Máis viva que nunca está a loita contra os recortes no ensino na Costa da Morte. Os pobos de A Laracha, Laxe, Cee ou Carnota son exemplo do poder cidadán, protagonizando unhas moblizacións absolutamente exemplares.

Se o vindeiro 26 de outubro toca cita nacional en Compostela, este domingo volve ser a comunidade escolar de Carnota a que vai levar a súa protesta á rúa. As familias convocan unha concentración para este domingo 20 de outubro ás 12:00h na Praza da Pedra de Carnota.

Levarán pancartas esixindo un mestre de Infantil e a compensación das horas.

Artigos relacionados

Máis novas

Comentarios