Malpica presenta o programa das Escolas Culturais e Deportivas para o novo curso
A concelleria de Cultura e Deportes do Concello de Malpica, Noelia Freijeiro, presentaba onte as actividades das Escolas Culturais e Deportivas para o curso 2024/2025. O obxectivo principal deste programa é fomentar o desenvolvemento artístico, tecnolóxico, cultural e deportivo, con actividades dirixidas a nenos, mozos e adultos.
Escolas Culturais
Obradoiro de Arte (12 €/mes)
Malpica (Centro Cívico): Inicio o 1 de outubro.
- Grupo I (3 a 6 anos): Martes de 16.00 a 17.00 horas.
- Grupo II (7 a 12 anos): Martes de 17.00 a 18.00 horas.
- Grupo III (+13 anos): Martes de 18.00 a 19.00 horas. Inicio o 14 de xaneiro.
Buño (CEIP J.R.O.): Inicio o 7 de outubro.
- Grupo IV (3 a 6 anos): Luns de 16.00 a 17.00 horas.
- Grupo V (7 a 12 anos): Luns de 17.00 a 18.00 horas.
Animación Teatral (15 €/mes)
Malpica (Centro Cívico): Inicio o 3 de outubro para os grupos I e II.
- Grupo I (4 a 8 anos): Xoves de 17.30 a 18.30 horas.
- Grupo II (9 a 12 anos): Xoves de 18.30 a 19.30 horas.
- Grupo III (+13 anos): Xoves de 19.30 a 20.30 horas. Inicio o 9 de xaneiro.
Buño (CEIP J.R.O.): Inicio o 3 de outubro.
- Grupo IV (6 a 12 anos): Xoves de 16.00 a 17.00 horas.
Robótica (15 €/mes)
Malpica (Centro Cívico): Inicio o 2 de outubro.
- Grupo I (4 a 12 anos): Mércores de 18.00 a 19.00 horas.
Buño (CEIP J.R.O.): Inicio o 2 de outubro.
- Grupo II (4 a 12 anos): Mércores de 16.30 a 17.30 horas.
Obradoiro de Barro
Casa do Oleiro (Buño):
- Grupo I Modelado (6 a 12 anos): Mércores de 16.00 a 17.00. Inicio o 8 de xaneiro (12 €/mes).
- Grupo II Torno e Modelado (Adultos e maiores de 12 anos): Sábados de 10.00 a 11.30. Inicio o 11 de xaneiro (15 €/mes).
Obradoiro de Coiro
Casa da Cultura de Seaia:
- Grupo I Iniciación (+18 anos): Xoves de 16.30 a 18.00. Inicio o 9 de xaneiro (15 €/mes).
- Grupo II Avanzado (+18 anos): Xoves de 18.00 a 20.00. Inicio o 3 de outubro (18 €/mes).
Campamento Dixital (de balde)
Aula de Informática da Casa do Oleiro (Buño): Inicio o 16 de xaneiro.
- Grupo I (9 a 13 anos): Xoves e venres de 16.00 a 18.00 horas.
- Grupo II (15 a 17 anos): Xoves e venres de 18.00 a 20.00 horas.
Neste campamento abordaranse temas como a busca de información de valor, creación de contidos dixitais, contrasinais seguras, protección de datos, hábitos saudables no uso de internet, e moito máis.
Duración das actividades:
Ata a última semana de maio de 2025, agás o Campamento Dixital, que terá unha duración de 30 horas lectivas, cunha carga de 4 horas por semana durante aproximadamente 2 meses.
Prazos de inscrición:
Inicio: 12 de setembro de 2024.
Remate: O xoves anterior ao inicio de cada actividade, agás o Campamento Dixital, que pechará a inscrición 15 días antes do inicio da actividade.
Información e inscricións:
Oficinas Xerais (de 9.00 a 14.00 horas): 981720001
Departamento de Educación e Cultura (de 10.30 a 13.00 horas) no 981707104
Nota: Todas as actividades teñen un máximo de 15 prazas e un mínimo de 10 por grupo, agás o Obradoiro de Coiro que ten un máximo de 10 e mínimo de 8. Na páxina web do Concello de Malpica pódense descargar as fichas de inscrición.
Escolas Deportivas
En canto ás Escolas Deportivas Municipais (EMEF), que comezan o 1 de outubro, estas actividades están dirixidas a nenos e nenas nados entre 2008 e 2021. Inclúen disciplinas como patinaxe, ximnasia rítmica, voleibol, atletismo, multideporte e judo. As clases desenvolveranse no Pavillón Municipal e no CEIP Joaquín Rodríguez Otero, e a inscrición terá un custo de 17,36 euros por escola.
Actividades Deportivas no Pavillón Municipal:
- Patinaxe: Grupo I: Xoves de 18:15 a 19:10 (nenos/as nados entre 2016 e 2019). Grupo II: Xoves de 19:15 a 20:10 (nenos/as nados entre 2010 e 2015).
- Ximnasia Rítmica: Mércores de 16:00 a 16:55 (nenos/as nados entre 2013 e 2019).
- Voleibol: Martes e venres de 17:00 a 17:55 (nenos/as nados entre 2008 e 2012).
- Atletismo: Martes de 16:00 a 16:55 e venres de 18:00 a 18:55 (nenos/as nados entre 2012 e 2018).
- Multideporte: Venres de 16:00 a 16:55 (nenos/as nados entre 2013 e 2019).
- Judo: Grupo I: Xoves de 16:15 a 17:10 (nenos/as nados entre 2018 e 2021). Grupo II: Xoves de 17:15 a 18:10 (nenos/as nados entre 2013 e 2017).
Actividades Deportivas no CEIP Joaquín Rodríguez Otero:
- Patinaxe: Xoves de 17:00 a 17:55 (nenos/as nados entre 2013 e 2019).
Para os adultos, as Escolas Deportivas contan cunha ampla oferta que inclúe ximnasia terapéutica, ioga, pilates e zumba, con prezos mensuais de 10,85 euros. Estas actividades buscan promover o benestar físico e mental, e terán lugar no Pavillón de Malpica e na Casa do Oleiro de Buño.
Escolas Deportivas para Adultos/as do curso 2024/2025, a partir do 1 de outubro.
Estas actividades están deseñadas para promover o benestar físico e mental da poboación adulta, ofrecendo opcións para maiores de 16 e 18 anos en disciplinas que abranguen desde ximnasia terapéutica ata ioga e zumba.
Actividades Deportivas:
Ximnasia Terapéutica (+50 anos, 10,85 €/mes)
- Buño (Casa do Oleiro): Martes e xoves de 10.30 a 11.15 horas
- Malpica (Pavillón): Martes e xoves de 11.30 a 12.15 horas
Ioga (+18 anos, 10,85 €/mes)
- Buño (Casa do Oleiro): Mércores de 11.30 a 12.30 horas
- Malpica (Centro Cívico): Luns de 11.30 a 12.30 horas
Pilates (+18 anos, 10,85 €/mes)
- Buño (Casa do Oleiro): Martes e xoves de 18.10 a 19.05 horas
- Malpica (Centro Cívico):
- Grupo I: Martes e xoves de 19.20 a 20.15 horas
- Grupo II: Martes e xoves de 20.20 a 21.15 horas
Zumba (+16 anos, 10,85 €/mes)
- Buño (Casa do Oleiro): Luns e mércores de 18.15 a 19.10 horas
- Malpica (Centro Cívico): Luns e mércores de 19.30 a 20.25 horas
Información e inscricións:
Departamento de Deportes:
- - Teléfono: 981720001
- - Horario: 9:00 a 14:00, a partir do 23 de setembro