Luns. 22.07.2019
El tiempo

O Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas mantén a alta participación con 20 obras presentadas

O Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas mantén a alta participación con 20 obras presentadas
Certame de Poesia Erotica de Malpica 2018 Chega novembro e é data de poesía erótica en Malpica. O vindeiro 3 de novembro farase público o fallo do xurado do XIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisarga. Farase coma sempre, no marco da Cea das Letras, que se celebrará na Casa da Cultura de Seaia, e que servirá de punto de unión poético da comarca de Bergantiños. Este ano, o certame está de celebración porque mantén, como o ano pasado, a cifra máis alta de participación dos seus 13 anos de historia, xa que nesta edición volveron recibir un total de 20 obras. A Cea das Letras comezará ás 22.00 horas coa presentación da obra “Diáspora de amor balea” de Andrea Nunes Brións e María Rosendo Priego, gañadora o ano pasado, e darase a coñecer o fallo desta 13ª edición. As persoas que queiran asistir á cea, que está aberta a todo o mundo e ten un prezo de 15 euros, poden reservar praza poñéndose en contacto coa Asociación Cultural Caldeirón no 649 507 285 ou co Departamento de Educación e Cultura do Concello de Malpica no 981 707 104.

13 anos de erotismo en Malpica

O Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas cumpre 13 anos. A relación de gañadores das anteriores edicións é a seguinte. • “Arredor do teu corpo”, Antonio García Teijeiro • “Baile Átha Cliath”, Alberte Momán • “Xoguetes póstumos”, Enma Pedreira • “Rúa da cancela”, Eli Ríos e Eduardo Estévez • “Amantes”, María Lado • “Carnia Haikai”, Elvira Riveiro • “Chamádeme Eva”, Mercedes Leobalde • “Dominio público”, Ramón Neto • “O episodio”, Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán • “A razón do perverso”, Mário J. Herrero Valeiro • “O home invisíbel”, Xabier Queipo • “Diáspora de amor balea”, Andrea Nunes Brións e María Rosendo

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-letras-eroticas-tamen-homenaxean-a-paco-souto/

Comentarios