Sábado. 04.05.2024
El tiempo

25 fogares de Malpica xa teñen o seu composteiro

  • O vindeiro luns 26 de febreiro comeza unha nova ruta de recollida porta a porta de residuos urbanos especiais
charla composteiro maslpica
25 fogares de Malpica xa teñen o seu composteiro

Dende esta fin de semana, 25 fogares do Concello de Malpica comezarán a facer compost e levar a cabo prácticas sostibles e respectuosas co entorno.

Aínda queda outra tanda de 25 composteiros para todos aqueles veciños que desexen un composteiro, pois poden solicitalo nas oficinas do Concello de Malpica en horario habitual.

Ruta de recollida

O Concello de Malpica, dende a súa Concellería de Medioambiente, continúa así apostando pola reciclaxe e lanza tamén, como xa vén sendo habitual, unha nova ruta de recollida de residuos urbanos especiais.

A veciñanza que o precise pode contactar coa empresa responsable da recollida, a través do número de teléfono 639 920 936 (tanto por chamada como mediante WhatsApp) ou no correo electrónico [email protected]

Os días e as rutas correspondentes son as seguintes:

  • LUNS 26 DE FEBREIRO: Aviño, Cambre, Pedrosa- A Tremoa, Rabuceiras, A Raxeira, Brión, O Castro.
  • MARTES 27 DE FEBREIRO: Feira Nova, Vilar, O Empalme, A Camposa, O Piñeiro, Rúa Santa Catalina vivendas con números pares ata A Plaza.
  • MÉRCORES 28 DE FEBREIRO: Rúa Forno Novo, Rúa Mouróns, Rúa Santa Filomena, Rúa Xaviña, Canelas, Rúa Nova, Rúa Gaio, Praza Cruceiro, Rúa Costa, Rúa Boavista, Rúa Santa Catalina vivendas números impares.
  • XOVES 29 DE FEBREIRO: Zona Polígono Industrial, Buño, Aldeola, O Ceán, A Lagoa, Loroxo, Algadán, Ardeleiro, Pozacas-Leduzo, Taraio, Cerqueda.
  • VENRES 1 DE MARZO: Pasacondia, Cortés, Filgueira, A Fonte dos Bois, Seixas, Vilarnovo, Piñeiros, Rúa Ventorrillo, Pedra Queimada, As Neves, A Camuza, Travesia I A Camuza A, Rúa Ventorrillo, Escorial.
  • LUNS 4 DE MARZO: Rúa Emilio González López, Areal, Praza Santa Lucía, Igrexa, Agros, Praza Fonte Vella, Barreiro , Travesía Orxeira, Rúa Orxeira, Travesia 1 As Neves, Travesia 5 Río.
  • MARTES 5 DE MARZO: Rúa As Neves, Travesia 2 Río, Travesía 3 Neves, Travesia 5 Neves, Rúa Neves B, Travesía 7 Río, Travesía 4 Río, Travesía 6 Río, Travesía 3 Río,Rúa Agra do Río, Travesía 2 Río, Travesía 1 Río, Rúa Camiño do Río, Eduardo Vila Fano.
  • MÉRCORES 6 DE MARZO : Praza do Cruceiro, R/ Tío Paz, R/ San Ramón, Travesía 1 San Ramon, Travesía 2 San Ramón, Atalaia, Altamira, R/ Ramona Criado, R/Mestra, R/Caldeirón, R/Eduardo Pondal, R/ Patria Galega, R/ Campo, R/Areal, R/Carreixo do Muiño, R/Antonio Montero, R/ Praia. -
  • XOVES 7 DE MARZO: R/ Guardia Pardines, R/ Areal, R/Doctor Fleming, Canido, R/A Camuza C, Estrada DP4307 dende Malpica ata o desvío hacia Santiso, Travesia 2 A Camuza, Travesia 3 A Camuza, A Camuza C, Cancela de Areas, Vista, Pedrediña, Camiño da Vist, R/ Agra de Lucas, R/ Arnado.
  • VENRES 8 DE MARZO: Estrada DP 4307 dende o desvío hacia Santiso ata Beo, Estrada DP4305 hacia Santiso, Santiso, Pontella, Cova, Castiñeiro, Sorrio, A Fonte Dorta, O Petón, R/ A Horta Nova, O Seixo, A Orxeira, Estrada Santo Hadrian.
  • LUNS 11 DE MARZO: Beo, Vigo, Estrada DP4307 dende Beo ata Seiruga, Seiruga.
  • MARTES 12 DE MARZO : Campelo, Barizo, Porto de Barizo, Avd. Agra de Lamas, Porto do Fondo, As Casas Novas, Mens.
  • MÉRCORES 13 DE MARZO: Mens, O Miñon, Asalo, Bocelo, Badarra.

Comentarios