Mallas da Area propón unha conversa cetácea
O vindeiro sábado 11 de xullo, a partir das 20:00h na Casa do Pescador, a familia de Mallas da Area prepara unha interesanrísima xornada de conversa salgada. "Memoria de Xigantes" tratará de afondar sobre os grandes cetáceos.
A xornada, moderada pola xornalista local Marta Villar, xa membro da familia malleira, terá varios ponentes de excepción como 𝗔𝗹𝗲𝘅 𝗔𝗴𝘂𝗶𝗹𝗮𝗿 (Catedrático da Universidade de Barcelona e unha das maiores autoridades internacionais no estudo dos cetáceos), 𝗙𝗲𝗹𝗶𝗽𝗲 𝗩𝗮𝗹𝗱é𝘀 𝗛𝗮𝗻𝘀𝗲𝗻
(Doutor en Historia e autor de 𝘓𝘰𝘴 𝘣𝘢𝘭𝘭𝘦𝘯𝘦𝘳𝘰𝘴 𝘦𝘯 𝘎𝘢𝘭𝘪𝘤𝘪𝘢 (tese doutoral 𝘤𝘶𝘮 𝘭𝘢𝘶𝘥𝘦), 𝗗𝗮𝗻𝗶 𝗔𝗻𝗶𝗱𝗼 (Membro da RLNE, explicará como era a chalupa baleeira que se empregaba en Malpica), 𝗠ó𝗻𝗶𝗰𝗮 𝗚𝗼𝗻𝘇á𝗹𝗲𝘇 (Bióloga da CEMMA) e 𝗫𝘂𝗿𝘅𝗼 𝗔𝗹𝗳𝗲𝗶𝗿á𝗻 (que repasará a historia da emblemática balea de 1961, un episodio gravado para sempre na memoria colectiva de Malpica)
A xornada contará tamén coa performance poética do poeta do mar, 𝗫𝗼𝘀é 𝗜𝗴𝗹𝗲𝘀𝗶𝗮𝘀.
