Venres. 19.04.2024
El tiempo

350 quilos menos de lixo na praia de Seiruga

limpeza-praia-seiruga-malpica
Un grupo de 20 persoas xuntáronse o pasado sábado para limpar a praia de Seiruga
350 quilos menos de lixo na praia de Seiruga

Unhas 20 persoas participaron o pasado sábado pola mañá nunha quedada para limpar a praia de Seiruga, en Malpica de Bergantiños, coincidindo así coa conmemoración do día mundial da Limpeza e o día mundial das Praias. 

En tan só nunha horas recolleron do areal máis de 350 quilos de lixo; arredor de 150 das obras e uns 200 de lixo en xeral. O edil de Medio Ambiente, Fernández, e o alcalde de Malpica agraderon o xesto. 
 

Comentarios