Venres. 26.04.2024
El tiempo

4 detidos por varios roubos en Bergantiños

4 detidos por varios roubos en Bergantiños

Varios detidos esta semana na comarca de Bergantiños por parte da área de investigación da Garda Civil de Carballo. Foron 4 os detidos esta semana por diferentes delitos cometidos sobre vivendas e vehículos. 4 circunstancias que demostran que hai que mirar máis alá do delito para comprender que hai un fondo problema social na comarca.

Por un lado, J.P.A. e R.L.P. están sendo investigados por un delito de roubo con forza en interior de vehículo. Os feitos iniciáronse o 21-04-2017 trala denuncia recibida en dependencias pola sustracción de produtos alimenticios dun camión frigorífico, previo forzado de candado. Os autores dos feitos foron interceptados pola forza actuante con parte da carga, a cal foi recoñecida sen ningún xénero de dúbidas polo condutor do camión frigorífico.

Así mesmo, a Garda Civil carballesa procedeu á detención de J.T.F. por roubos en interior de vivendas. Os feitos remóntanse aoo 27-04-2017, cando a denunciante manifestou que ao chegar ao seu domicilio en Pedra do Sal atopouse na porta varios obxectos da súa propiedade, un cristal fracturado e a unha persoa descoñecida saíndo pola fiestra da casa contigua, que é dun familiar. O detido escapo do lugar sen levarse nada, só ocasionando danos, pero puido ser recoñecido como autor posteriormente.

Finalmente, foi tamén detido J.V.V, por un roubo en interior de vehículo na zona da Praia do Canido, Malpica de Bergantiños. O agora detido, o pasado, 17-04-207, rompía o portelo dun vehículo e subtraeu do interior unha mochila, a cal tirou ao chan e saíu fuxindo ao decatarse de que varias testemuñas estaban véndoo. Posteriormente puido ser recoñecido como autor dos feitos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Garda Civil.

Comentarios