A ANPA do CEIP Milladoiro de Malpica conseguíu a xornada única
É un asunto importante para a conciliación familiar e laboral. Moitos centros de ensino atópanse nestas datas debatindo entre xornada única ou xornada partida. Por Malpica veñén de conseguila xornada única, non sen pelexala (levan 22 anos pedíndoa!!!), pero hai outros sitios, como o Eugenio López que despois da campaña da Ana Uxío os pais decidiron manter a xornada partida.
Onte foi unha xornada feliz para a ANPA Ventorrillo do CEIP Milladoiro de Malpica. Levaban meses pedindo a Xunta permiso para facer unha votación e hai unhas semanas a Xunta daba o visto bo. Tocaba que os pais e as nais decidisen e onte era o día da votación:
160 votos emitidos, 140 votos a favor (SI) e 9 votos en contra (NON).
Unha maioría completa que demostra que por Malpica están todos a unha. Téñeno claro, e ntenden que “a xornada continua e un servizo de comedor axeitado antes das actividades extraescolares para o alumnado é unha necesidade que hoxe en día pode ser unha solución para o desenvolvemento da vida familiar.”
Novas relaciondas
- 30-03-15: A Anpa do colexio de Malpica esixe o visto bo da Xunta para a xornada única.
- 19-11-14: Xornada continua nas escolas?.
- 14-11-14: Os recortes nas escolas xa están na rúa.
- 30-06-14: A ANPA do CEIP de Malpica esixe unha solución aos problemas de persoal.
- 05-09-11: Os recortes no ensino deixan torto o CEIP Milladoiro de Malpica.
- A ANPA do Eugenio López volve solicitar a xornada única.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).