Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Deputación fai un inventario dos bens municipais de Malpica

A Deputación fai un inventario dos bens municipais de Malpica
A deputacion cedeu o ano pasado ao concello de Malpica a xestion do Ecomuseo de Buno A Deputación cedeu o ano pasado ao concello de Malpica a xestión do Ecomuseo de Buño Malpica de Bergantiños é o único concello da Costa da Morte que entra na quinta fase do inventario de bens municipais dos concellos da provincia que fai a Deputación da Coruña. Nesta nova fase serán inventariados os bens mobles e inmobles, edificios de carácter histórico ou artístico, vehículos municipais, créditos e dereitos de carácter persoal da Corporación, servizos de alumedado, abastecemento de auga, saneamento, infraestruturas e camiños de titularidade municipal dun total de 13 concellos da provincia - Moeche, Toques, Malpica, O Pino, Padrón, Rianxo, San Sadurniño, Cabanas, A Pobra, Boimorto, Cerdido, Aranga e Oza-Cesuras -, que se sumarán así a outros 52 municipios da provincia nos que a Deputación xa elabou o inventario de bens, no que se recollen todos os bens de dereitos de cada entidade municipal e sinálanse as anomalías ou carencias detectadas, como a falta de incrición rexistral ou a existencia de bens no que a propiedade municipal estea claramente acreditada. A Deputación da Coruña vén colaborando cos concellos da provincia dende o ano 2006 para a realización dos seus inventarios de bens municipais. Ese ano desenvolveuse un proxecto piloto no que se rexistraron as propiedades e dereitos dos concellos de Carnota, Cee e Dumbría. As seguintes fases desenvolvéronse nos anos 2007-2008 en Arzúa, Cabana de Bergantiños, Cedeira, Cesuras, Laxe, Mañón, Melide, Miño, Mugardos, Paderne, Tordoia, Valdoviño e Vimianzo; 2008-2009 en A Capela, Carral, Camariñas, A Baña, Lousame, Ordes, Rois, Sada, Oroso, Vilasantar, Irixoa e Dodro; e en 2012-2013 en Santa Comba, Noia, Ortigueira, As Pontes, Monfero, Negreira, Porto do Son, Boqueixón, Fene, Pontedeume, Santiso, Zas, Abegondo, Coirós, As Somozas, Trazo, Vilarmaior, Neda, Mesía, Ares, Corcubión, Vedra, Ponteceso e Cariño.  A partir do momento da realización do inventario por parte da Deputación, cada concello asume a súa actualización periódica. Este documento inclúe a valoración do patrimonio de cada concello e resulta un instrumento de gran utilidade para a xestión municipal, xa que compila exhaustivamente todos os datos das propiedades municipais, o que permite actualizar as cargas fiscais de determinados inmobles ou facilitar os expedientes de cesión ou transmisións de bens de titularidade municipal. Fonte 

Comentarios