Histórica. Así foi a Foliada que tivo lugar o sábado en Cerqueda, Malpica de Bergantiños, tanto polo número de grupos que formaron o cartel como polo número de asistentes de toda a comarca que se achegaron ata o pavillón de As Pozacas con moitas ganas de foliada a pesares do forte e frío vento do Nordés.
E para conmemorar a décima edición, a
Asociación Cultural Raigañas decidiu artellar un cartel formado por
25 grupos de música tradicional da comarca de Bergantiños, Soneira e Fisterra e da Coruña. En total, máis de cincocentas persoas que tocaron, cantaron e bailaron ata ben entrada a madrugada. I e que un evento deste tipo non ten sentido sen a gran cantidade de espontáneos que formaron baile entre peza a peza.
![foliada]()
A festa, que tivo lugar no pavillón de As Pozacas, comezou ás oito da tarde coa "
Foliadiña" para os máis pequenos, que xa vai polo cuarto ano que se celebra. E tras o primeiro
asalto chegou o turno da comida para coller forzas para a festa grande. Nada máis e nada menos que
callos, viño do país e larpeira para comezala foliada coa barriga farta. I e que foi necesario para resistir a tantas horas de troula.
E a iso das dez da noite, o grupo
Fol de Veneno comezou a tocar e cos que xa saltaron á pista os primeiros espontáneos a formar baile. E así continuaron ata ben entrada a madruga cos restantes 24 grupos que se subiron ó esceario das Pozacas.
![quique]()
Un dos grupos estrela do cartel foi o dúo formado por
Quique Peón e
Xurxo Fernandes que fixeron desfrutar o público a pesares da súa curta actuación. Pero cun cartel tan grande... ¡non houbo tempo para máis!
¡Longa vida á Foliada de Cerqueda!
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal)