Venres. 26.04.2024
El tiempo

A música e o teatro enchen de actividade Malpica

A música e o teatro enchen de actividade Malpica
killer-cats A banda Killer Cats actuará o sábado ás 22 horas no paseo marítimo de Malpica A música volve a Malpica esta fin de semana dentro dun completo programa cultural argallado polo concello. O venres á noite, serán as bandas The Cerne e Strobos as encargadas de amenizar a noite no paseo marítimo da vila. E o sábado ás 22 horas celebrarase o concerto do grupo Killer Cats que estaba previsto para o pasado día 4, pero que tuvo que ser aprazado por mor da choiva. Os carballeses actuarán tamén no paseo marítimo, onde farán un completo repaso ao seu repertorio. Esta fin de semana, ademais, chega á súa fin unha nova edición do Retablo de Fantoches Rafael Dieste. A compañía Lucecús ofrecerá o sábado ás 20:30 horas, tamén no paseo marítimo, a obra de títeres “PingüSOS”, dirixida ao publico familiar. En caso de choiva a actuación trasladarase ao auditorio do Centro Cívico. Fonte 

Comentarios