Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A Foliada de Cerqueda, a homenaxe ás regueifeir@s de Cerqueda

Foliada da Raiganas homenaxe a Celestrino de Leduzo Regueifeiro
A Foliada da Raigañas homenaxeará a Celestrino de Leduzo e a outr@s regueifer@s da parroquia de Cerqueda
A Foliada de Cerqueda, a homenaxe ás regueifeir@s de Cerqueda

Xa non queda nada para este sábado 27 de abril, cando a Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda vai celebrar a súa XVI Foliada e a X Foliadiña no Local Social de As Pozacas.

Unha cita que chega cunha homenaxe ás mulleres regueifeiras e ós homes regueifeiros da parroquia de Cerqueda. Así, un dos grandes protagonistas foi o regueifeiro Celestino de Leduzo (Celestrino), pero despois da investigación veciñal, as bravas mulleres da Raigañas averiguaron que había máis improvisadoras e improvisadores orais na parroquia que se ven non adoitaban subir aos escenarios e a todas e todos elas queren adicarlle este ano a Foliada. Así, esta edición tamén leva o nome de Carmela do Ghoriño e á súa filla Lola do Ghoriño, Florinda da Tera, Manuel dos Cotelos de Taraio e ó seu fillo Faustino Rodríguez, aínda que seguro que habería moitos máis que irán saíndo das casas.

A festa, unha das máis citas tradicionais máis auténticas de todo Bergantiños, celebrarase nunha carpa ambientada coma se fose un sobrado das casas de antes. Arrinca cunha sesión vermú ás 13:00 h que estará amenizada polos grupos de música da Asociación e o grupo PANSENFRON. Quen acuda á sesión vermú ademáis de tomar un vermú poderá comer alí e continuar pola tarde porque haberá regueifa a cargo de Lupe Blanco e Suso de Xornes e tamén haberá obradoiros para nenos.

A partir das 18:30 empeza coa Foliadiña para a cal hai anotados polo momento 11 grupos e ó rematar a foliadiña comezará coa Foliada (contamos coa participación de 27 grupos), máis ou menos polas 20:00 h e ata as 2.30 h da mañá.

Contan coa participación de músicas e músicos de: Malpica, Camariñas, Ponteceso, Vimianzo, Caión, Muros, Santiago,Carballo, Lires, Fisterra, Dumbría, Agualada, Laxe, A Coruña, Cabana, Zas e outros que poidan sumarse no último momento.

Tamén sortearán moitos regalos pero sobre todo haberá moita música e baile para pasar unha noite divertida.

Máis novas

Comentarios