Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Oficina de Turismo de Malpica estrea o horario de verán

A Oficina de Turismo de Malpica estrea o horario de verán
Oficina de Turismo de Malpica Oficina de Turismo de Malpica

Xa abríu esta fin de semana co novo horario a Oficina de Turismo de Malpica. Recupérase así un servizo que o ano pasado gozou de moi boa acollida e foi utilizado por preto de 4.000 persoas.

A oficina, situada na planta baixa da Casa do Concello, con entrada independente desde a Praza da Fonte, estará aberta de martes a sábado de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas.

Xunto coa apertura da oficina, desde a área de Turismo do Concello de Malpica estase a enviar información aos establecementos de hostalaría para que tamén poidan utilizar este novo servizo municipal.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-oficina-de-turismo-de-malpica-recibe-unha-media-de-30-visitantes-ao-dia/ https://quepasanacosta.gal/agosto-e-decembro-os-mellores-meses-para-o-museo-de-bergantinos-e-a-oficina-de-informacion-de-turistica-de-carballo/

Comentarios