Venres. 04.10.2024
El tiempo

A Olería de Buño emprata a cociña de autor

A Olería de Buño emprata a cociña de autor
showcooking-mostra-oleria Onte realizouse no marco da XXXV Mostra da Olería un showcooking no que se empregaron pezas de Buño para empratar as comidas A cociña de autor e as pezas de Olería de Buño fusionan ao 100%. Así se demostrou no showcooking que tivo lugar onte no marco da XXXV Mostra da Olería de Buño e no que participaron dous restauradores de recoñecida solvencia como Fernando Agrasar - do restaurante As Garzas de Barizo -; e Óscar Ures - de A Cunca de Buño -. Ámbolos dous ofreceron no recinto da Mostra da Olería un showcooking que incluíu unha demostración de empratado en diversas pezas e formas da nosa olería. Fernando Agrasar preparou unha empanada e elaborou fronte ao público convidado ou que reservara praza un exquisito arroz caldoso con zamburiñas, gambón, rape e berberechos. Óscar Ures, pola súa banda, optou por unhas volandeiras con salsa bloody mary e un bacallau desmigado con verduriñas e chimichurri de guacami. Á parte da variedade de sabores, a elección destes pratos permitiu poñer sobre a mesa distintas pezas de Olería de Buño, que realzaron a presenza da comida. demostracion-gastronomia-mostra-buno No showcooking particparon os restauradores Fernando Agrasar e Óscar Ures O showcooking de onte non é o único escenario gastronómico no que a Olería de Buño realza o valor dos pratos. Entre as novidades deste ano está que nas casetas dos oleiros e oleiras atópanse as innovadoras pezas de menaxe de cociña de Antonio Pereira, “O Rulo”, que xa son utilizadas en restaurantes de alta cociña de todo o mundo, e que se distinguen non só polas modernas e coidadas formas, senón pola utilización de esmaltes con cores descoñecidas ata agora na Olería de Buño e cunhas características axeitadas para uso alimentario, tal como indicou o propio artesán. As casetas - xunto coas ducias de actividades paralelas - continúan abertas ata o día 29 na rúa Santa Catalina de Buño. Novas relacionadas Fonte

Comentarios