![parque-eolico-malpica]()
O actual parque eólico de Malpica ocupa 3,2 hectáreas da Rede Natura que se reducirán en 1,3 hectáreas coa reponteciación
Despois da
repontenciación do Cabo Vilán, é o turno do parque eólico de Malpica que ocupa tamén parte do chan pertencente a Ponteceso. Unha actuación que permitirá modernizar as instalacións ao tempo que diminuirá o seu impacto paisaxístico e ambiental
reducindo o número de aeroxeradores de 69 a 7, ademais de
rebaixar a superficie ocupada da Rede Natura en 1,3 hectáreas, que pasan de 3,2 a 1,9. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal deste parque eólico aprobouse onte no consello da Xunta.
O parque eólico Malpica, cuxa repotenciación se prevé que entre en funcionamento este ano, contará con 7 máquinas que suman unha potencia máxima instalada de 16,45 MW, similar á que xa tiña, e diminuíndo en 62 o número de aeroxeradores, un 90% menos. Coa instalación de máquinas máis eficientes, o parque producirá anualmente máis do dobre, pasando de 30.000 MWh ao ano a 64.700 MWh, o equivalente ao consumo eléctrico de 18.500 fogares.
O proxecto, en que o promotor investirá 22 millóns de euros, xa contaba coas autorizacións administrativas previa e de construción, así como de declaración de utilizade pública. A aprobación como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal permite a súa integración territorial, ao introducir na normativa urbanística dos concellos afectados, e para aqueles terreos vinculados directamente a el, a cualificación de especial protección de infraestruturas.
Novas relacionadas
Fonte