![1360872372371mina-oro-corcoestoc4]()
O debate e a preocupación dos veciños polo que pasará coa mina de Corcoesto segue aberto na Costa da Morte, especialmente despois do acaecido nos últimos días
ca balsa de acumulación de augas da mina Monte Neme.
O vindeiro sábado día
15 de Febreiro, a Plataforma pola defensa de
Corcoesto e Bergantiños e máis a Asociación “Monte da Estrela” de Arteixo, organizan unha camiñada para percorrer o perímetro que marca o proxecto para a mina de Corcoesto.
As asociacións invitan a toda a cidadanía a que os acompañe neste percorrido circular duns
17 km para coñecer "in situ" o terreo que se vería afectado por esta actividade mineira para extraer outo a ceo aberto.
Membros da organización amosarán onde está previsto perforar a terra con
dous buracos xigantescos para construír a planta de tratamento onde se faría a lixiviación do ouro empregando Cianuro. Camiñando entre carballos e castañeiros percorrerase o lugar onde está proxectada a
acumulación de lodos ou as
escombreiras.
O obxectivo desta camiñada é amosar sobre o terreo o perigo que correrían de desaparecer as fontes, árbores, valados, muíños, ou mesmo o río Lourido se se leva a cabo esta actividade mineira.
Ao parecer a empresa que planeou a obra está a traballar nun novo proxecto para esta zona, ainda que o pasado 15 de outubro a Xunta de Galicia non aprobou o primeiro dos proxectos presentados.
A camiñada partirá
ás 10.30 da mañá da Carballeira de Santa Mariña.
Novas relacionadas
A Costa da Morte sofre un pequeno Aznalcóllar
Propoñen crear unha Reserva da Biosfera no río Anllóns
Carballo acolle unha mesa redonda sobre minaría e sustentabilidade
O PXOM de Cabana segue incluíndo o proxecto mineiro de Corcoesto