mércores. 04.12.2024
El tiempo

A Xunta considera controlada a situación no Monte Neme

A Xunta considera controlada a situación no Monte Neme
Despois do acontecido na pasada madrugada nos municipios de Carballo e Malpica, cando unha parte da balsa de auga que hai na mina abandonada do Monte Neme cedeu por mor das intensas choivas, a Xunta de Galicia mandou un comunicado aos medios dicindo que a situación está controlada. Os alcaldes de Malpica e Carballo acudiron esta tarde a supervisar os traballos de acondicionamento que se están a desenvolver sobre o terreo xunto co responsable da Xunta para Enerxía e Minas. Despois da rotura dunha das paredes laterais da explotación mineira, co conseguinte risco e perigo para os veciños e habitantes da zona, segundo din desde a Xunta, parece que a situación está controlada e que se puxeron en marcha as medidas necesarias para que a cousa non fose a maiores.

Responsabilidades. Unha empresa en concurso de acreedores

A responsabilidade sobre o accidente é da empresa concesionaria, que nestes momentos non está a explotar a mina e que se atopa en concurso de acreedores. Pese a todo, os administradores concursais parece ser que lle confirmaron á Xunta a posta en marcha das medidas para levar a cabo o proxecto de peche e abandono das instalacións en condicións de seguridade para o medioambiente e os veciños. Os concellos afectados procederán á realización dun inventario de danos orixinados para solicitar a reparación dos mesmos. Mentras que a Xunta e os alcaldes avaliaban sobre o terreo, reabriuse de novo o debate, a pregunta que se lía hoxe nas redes era: ¿esto podería pasar tamén coas balsas de auga tóxica da hipotética mina de Corcoesto? Tamén o autor da foto que acompaña esta nova publicaba en Twitter (@bely_beln) a súa preocupación pola composición da auga de cor verdoso que se pode ver na imaxe das balsas do Monte Neme.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios