Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Aberto o prazo de presentacións de alegacións contra a EDAR de Malpica

Aberto o prazo de presentacións de alegacións contra a EDAR de Malpica
Mapa do Porto de Malpica coa EDAR

Continúa o polémico proxecto da Depuradora de Malpcia en marcha. Un proxecto xa con alegacións en contra antes mesmo de ser licitada a obra. De feito, aínda hoxe Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete a información pública o anteproxecto da estación depuradora de augas residuais (EDAR), previo paso á licitación.

Durante este período, que se prolongará por un mes, os particulares e colectivos poderán presentar alegacións ao proxecto, algo de seguro sucede dado o perigo medioambiental da ubicación.

I é que a estación depuradora, tralo consenso entre Augas de Galicia, Portos de Galicia e Concello de Malpica, se ubicará no extremo sur do peirao, a pesar do rexeitamento inicial da Xunta por considerar que os vertidos poden ser perigosos. Algo desestimado finalmente "considerando a capacidade de dilución no punto de vertido, contempla unha depuración biolóxica para reducir a materia orgánica carbonosa".

As deberíanse terse licitado no primeiro trimestre de 2013 segundo as previsións da Xunta en decembro do ano pasado, pero terán que agardar polo menos ata o segundo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.

Comentarios