Venres. 29.03.2024
El tiempo

Aberto o prazo das Escolas Deportivas de nen@s e Adult@s de Malpica

Actividades deportivas Malpica 22-23
Aberto o prazo das Escolas Deportivas de nen@s e Adult@s de Malpica

A veciñanza de Malpica xa se pode inscribir nas actividades deportivas programadas para este curso, tanto para nen@s como para adult@s.

Todas as persoas interesadas poden solicitar máis información ou reservar praza no Departamento de Deportes de Malpica ou chamando ao 981 72 00 01 en horario de 09.00h a 14.00h.

Para nen@s

Iniciación ao baloncesto, ximnasia rítmica, tenis de mesa, atletismo, iniciación ao balonmán, bádminton, zumba infantil e patinaxe, son as actividades que oferta Malpica para a rapazada. Cada unha das opción terán un custe de 17,33€ por neno/na e impartiranse en distintas quendas no pavillón deportivo municipal excepto a patinaxe que será en dúas quedas unha no pavillón e outra no CEIP Xoaquín R. Otero.

Para adult@s

Este curso 2022/2023 haberá actividades para todas as idades en Malpica. As clases de zumba, ioga, pilates e ximnasia terapéutica impartiranse tanto en Malpica coma en Buño.

Cada unha das opcións ten un custe de 10.85€ por persoa e impartirase en distintas quendas e diferentes ubicacións.

 

Comentarios