xoves. 21.05.2026
El tiempo

A AC Campal trae a Malpica as mil historias da emigración de Arturo Lezcano

Arturo Lezcano en Sudamerica coa xira do seu libro
Arturo Lezcano en Sudámerica coa xira do seu libro
A AC Campal trae a Malpica as mil historias da emigración de Arturo Lezcano
Acaba de arrasar en Buenos Aires e en Montevideo a semana pasada. E a xira de presentacións do seu libro “O País Invisible” fai parada en Malpica. Artuzo Lezcano, o xornalista e escritor ferrolán, achega a Bergantiños un dos libros máis vendidos en lingua galega da actualidade.

Estará acompañado pola xornalista e tamén escritora malpicá Marta Villar, para debullar algunhas das pequenas historias de vida que forman a gran historia da emigración galega.

Artellado pola AC. Campal, en colaboración coa Libraría Miguens, a Confraría e o Concello, a cita será este 23 de maio ás 19:09h no Fogar do Pensionista.

Arturo Lezcano en Malpica e Festa da Sardina-Campal