Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Arrinca en Malpica o curso de vela con 30 participantes

Arrinca en Malpica o curso de vela con 30 participantes
As sesions desenvolveranse ata o venres en duas quendas diarias As sesions desenvolveranse ata o venres en duas quendas diarias Onte arrancou en Malpica o curso de vela - organizado pola Deputación da Coruña en colaboración co concello - no que participan trinta nenos e nenos entre 9 e 18 anos. As sesións desenvolveranse ata o venres, en dúas quendas diarias. Malpica é a sede de Bergantiños, polo que entre os e as participantes hai rapaces de toda a comarca, que recibiron a benvida do alcalde, Eduardo Parga; o tenente de alcalde, Miguel Fernández, e o concelleiro de Deportes, Iago Espasandín. A actividade deportiva en Malpica continúa ao longo de todo o mes coa liga de fútbol praia infantil, que rematará o 26. Así mesmo, do 22 ao 25 terán lugar os cursos de vela promovidos polo club Silfo para nenas e nenos de 8 a 16 anos, e do 29 ao 31 realizaranse os cursos de kayak do Club Náutico de Malpica para pequenos e pequenas de 9 anos en diante. Novas relacionadas Fonte

Comentarios