Xoves. 18.04.2024
El tiempo

As redeiras de Corme e Malpica sumérxense na rede con QPC

As redeiras de Corme e Malpica sumérxense na rede con QPC
Redeiras-de-Corme-cos-ordenadores

Novo curso de formación pola volta que estamos desenvolvendo. E menudo pracer intentar sumerxir na rede ás redeiras de Corme e Malpica. A través da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, os pósitos de Corme e Malpica reciben unha axuda para cursos de alfabetización dixital, e contaron cos servizos de QPC, gracias á intermediación do Concello de Ponteceso, para levalos adiante.

Onte arrincaba o curso de 15 horas en Corme. Un grupo de redeiras de Corme Aldea e Corme Porto collían o rato por primeira vez, para abrir as fiestras que abren a vista ao mundo enteiro.

Un pouco de Word, un pouco de google, e moita retranca, para comezar a andaina pola rede, a virtual, claro.

Formación QPC

Fonte

Comentarios