Venres. 26.04.2024
El tiempo

As San Silvestres de Baio e Malpica, e o Brinde Leiteiro coa MZ, as citas máis singulares para despedir 2017

As San Silvestres de Baio e Malpica, e o Brinde Leiteiro coa MZ, as citas máis singulares para despedir 2017
Brinde Leiteiro de Mazaricos 2017 O Brinde Leiteiro de Mazaricos xa é unha data fixa

Non se puido completar o tridente de divertidas San Silvestres costeiras para despedir o 2017, pois Mazaricos tivo que suspender a súa polas inclemencias meteorolóxicas, e a cousa quedou nun fantástico Brinde Leiteiro, xa convertido en tradición.

Pero por Malpica e Baio si que disfrutaron da simpática carreira popular que serve para pechar un ano deportivo.

En Malpica

San Silvestre de Malpica 2017 2 Saída da San Silvestre Malpicana

Por Bergantiños, a AC Malante xa marca como data fixa esta San Silvestre Malpicana, exclusiva para valentes. Pasárono de medo os participantes de todas as idades.

San Silvestre de Malpica 2017 Ateigada Malpica coa San Silvestre

En Baio

San Silvestre de Baio 2017 1 Saída da San Silvestre de Baio

Pola comarca de Soneira xa era a X Milla de Baio, e a decana das San Silvestres costeiras non defraudou. Aínda que o deportivo era o de menos (participaron 40 maiores e 17 pequenos), en maiores venceu Martín Regueira, en mulleres Teresa Castro, e nos pequenos, Lucas Mira.

San Silvestre de Baio 2017 Participantes na Milla de Baio

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios