Besteiro preocupouse en Malpica polo sector do mar
Recibía Malpica onte a visita do candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta. José Ramón Gómez Besteiro mantivo unha reunión co presidente da Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (ACERGA), Alberto Castro, e o patrón maior e socios da Confraría de Pescadores de Malpica. Besteiro comprometeuse á ampliación do dique de abrigo da localidade "cando sexa presidente da Xunta".
Apostou por “introducir o peixe dúas ou tres veces por semana nos menús dos comedores escolares e promover campañas que inciten ao consumo de peixe, en xeral, non só porque é un hábito saúdable, senón porque contribúe ao mantemento dun sector produtivo moi importante no noso país como é o da frota de cerco” e aludiu ao interese dos nutrientes que contén o peixe. “O cerco é, amais, a arte de pesca máis sustentable medioambientalmente pero tamén redunda directamente na economía local do país”.
Aproveitou para cargar contra o PP, denunciando que "a Xunta non executou o 51% do fondo europeo para a Pesca (FEMP), perdendo unha gran oportunidade para modernizar do sector pesqueiro".