![Curso de Oleiros]()
A olería ten futuro en Buño. Así o certicoou o Alcalde do Concello de Malpica de Bergantiños, que levou a cabo a entrega de Diplomas do
Curso Oficial de Oleiro-Ceramista homologado pola Consellería de Traballo e Benestar. O acto tivo lugar na Casa do Oleiro de Buño, lugar na que os alumnos realizaron a parte teórica e practica do curso.
Este curso ten unha duración de 795 horas, na que os alumnos/as levaron a cabo diversas unidades de competencia:
- Definir solucións construtivas de olería e cerámica.
- Modelar obxectos cerámicos.
- Confeccionar Moldes e Elaborar obxectos cerámicos mediante moldes.
- Decorar pezas a través de diversas técnicas.
- Cocción de pezas cerámicas.
O curso empezou o día 14 de xuño e terminou o día 22 de novembro de 2010, relizando a maiores do curso 40 horas de prácticas no taller do profesor
José Antonio Añón Lista (Alfareria Lista).
O número de alumnos que ao final acreditaron o Diploma é de 12 alumnos, que completaron todas as unidades de competencia e foron declarados aptos para esta especialidade.
Ademais o Concello vai tramitarlles a expedición do certificado de profesionalidade de oleiro-ceramista e tramitará ante o departamento de artesanía da Xunta de Galicia a expedición da carta de artesán aos alumnos máis avantaxados e que queiran continuar no apaixonante mundo da olería.
Novo curso para o ano que vén
O Alcalde tamén lles comunicou que o Concello de Malpica, en vista do éxito, ten solicitado novamente para este ano 2011 o curso de Oleiro-Ceramista, esperando que a consellería de Traballo conceda ao concello de Malpica un curso de olería que permita continuar a tradición artesá oleira da localidade de Buño.
Novas relacionadas
Fonte