Buño recuperará o Forno da Costa
Xa ver o Museo do Forno do Forte é unha marabilla. Pois esperemos que ao final do verán a visita poida ser completada no Forno da Costa. I é que ao longo deste verán, o Forno da Costa, un dos fornos emblemáticos de Buño, será rehabilitado e pasará a formar parte da ruta interior do pobo oleiro. Este forno é un dos 4 catalogados no concello e forma parte do grupo de fornos comunais que durante séculos foron utilizados polos oleiros do barrio da Costa.
Dende o Concello considérase que este patrimonio, único en Galicia, debe ser conservado e posto en valor tanto polo seu interese turístico como polo significado que ten na olería de Buño. Así, e coa axuda da Deputación, o Concello rehabilitará o Forno da Costa, logo de non poder levar a cabo a rehabilitación do Forno da Lucha.
Coa rehabilitación deste forno, os tradicionais barrios oleiros de Forno Novo, Mouróns e Costa terán as súas edificacións recuperadas. O conxunto de Forno da Costa consta do forno de cocer a cerámica e de dous cabanotes para gardar materiais e almacenar toxo. Son estruturas características e propias da olería de Buño que non se poden perder. O forno, que se atopa en bastante bo estado, presenta necesidades de saneamento do muro dianteiro, de reconstrucción da boca que era cadrada e a retirada do engadido no muro superior que nunca estivo neste forno.
Un dos cabanotes necesita a sustitución de toda a estructura de madeira, que se atopa seriamente deteriorada. O pilar de ladrillo cerámico será suplido por outro de material e forma que armonice co conxunto e, por último, os muros de mampostería de pedra serán saneados.
O segundo cabanote, necesita a reconstrucción parcial e saneado dos muros, a reconstrucción dun dos pilares e un tellado novo.
O custe da obra é de 79.200,01 € e será financiada pola Deputación de A Coruña e o Concello de Malpica de Bergantiños. Según o convenio asinado porlas dúas entidades o 25 de abril deste ano, a Deputación aportará 59.122,80 € e o concello 20.077,21 €.
Novas relacionadas
- Os Oleiros de Buño, no Congreso Internacional de Turismo de Ferrol.
- Os Oleiros asumen a organización da Mostra de Olería de Buño.
- O edificio do Centro Comarcal de Bergantiños volve a mans do Concello.
- A Mostra da Olería de Buño quere voltar ao Centro Comarcal.
- Os oleiros multiplícanse por Malpica.
- De obsequio institucional da Deputación, unha peza de Buño.
- Un oleiro en perigo de extinción.
Fonte
- Concello de Malpica.