sábado. 09.11.2024
El tiempo

O Cancioneiro de Buño presentouse na Mostra e viaxa á Coruña

Mostra Oleria Cancioneiro Buno
Ao acto asistiron Eduardo Parga Veiga, alcalde de Malpica, Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, Fran Gorín, presidente da Asociación Oleira, Alfredo Cañizo, tenente alcalde e concelleiro da Mostra da Olería de Buño e de Turismo do Concello de Malpica, Noelia Freijeiro, concelleira de Cultura e Patrimonio, Xosé Manuel Varela, editor literario, Estevo Lista Cancela sobriño neto de Dolores Cancela e Antonio Fernández, fotógrafo.
O Cancioneiro de Buño presentouse na Mostra e viaxa á Coruña

No marco da Mostra, este pasado sábado 6 de agosto tivo lugar a presentación do libro de Dolores Cancela, “Cancioneiro de Buño”.

Un libro que supón unha pequena enciclopedia da tradición oral da vila oleira, con 84 coplas recollidas a principios do século XX, de boca da propia Dolores da Margarita cando tiña 17 anos, unha adolescente que vivía no barrio do Forno Novo. Un recolleita que despois se publicaría no Boletín de la Real Academia Gallega, na sección “Cantares populares” de Galicia. Falamos da máis antiga recollida histórica de literatura popular nas terras de Malpica de Bergantiños, de aí a importancia que lle dan os devanceiros.
O volume ilústrase con fotografías de Antonio Fernández de todos os oleiros de Buño que permanecen activos, tendas de olaría e o proceso de elaboración dunha chocolateira. Con esta simbiose quixéronse mesturar dúas manifestacións creativas da localidade buñesa. Ademais conta cun prólogo do presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes. A edición literaria correu a cargo do filólogo malpicán Xosé Manuel Varela. Publícao Edicións Embora e distribuirase por todas as librarías do país. Tamén se poderá adquirir nas tendas de olaría de Buño.

Mostra Oleria Cancioneiro Buno 2

E continuando a xira, o Cancioneiro de Buño preséntase na tarde deste luns na Feira do Libro da Coruña. A partir das 18:00h será presentado nos Xardíns de Mendez Níuñez, na carpa das presentacións.A mesa de presetación estará formada polos autores Xosé Manuel Varela e Antonio Fernández; polo alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo José Parga Veiga; pola concelleira de Cultura, Patrimonio e Deporte, Noelia Freijeiro Novo; polo presidente da Agrupación Cultural Aturuxo, José Manuel Fernández Pensado; e pola Mestra da Memoria 2021, Teresa dos Cucos.

Comentarios