Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Cañizo separa a PSOE e BNG no tripartito de Malpica

Dani Garcia Reigia Walter Pardo e Alfredo Canizo no pleno de investidura do Concello de Malpica
Dani Garcia, Reigia Walter Pardo e Alfredo Cañizo realizaron unha foto demasiado prematura no pleno de investidura do Concello de Malpica
Cañizo separa a PSOE e BNG no tripartito de Malpica

Parecía cantado. Pero o tripartito de Malpica veuse abaixo. O BNG acaba de anunciar que rompe as negociacións con PSOE e Alfredo Cañizo (contra o que Ciudadanos tomará medidas para formar goberno, despois de que o apoio á investidura de Walter Pardo como alcalde deixase o camiño despexado para un posible pacto de goberno. O voceiro do BNG Daniel García Reigía considera que “as condicións que nos trasladou o alcalde son inaceptables, e mesmo humillantes, propias de que non entende que o BNG conta cun concelleiro e unha concelleira que non van ser unha simple marioneta nun goberno no que pretende mandar quen menos representación ten”, sinala en relación ás esixencias de Cañizo, que sacou un só edil.

O BNG non aceptará que Cañizo sexa teniente de alcalde, considerando que esa proposta “ é un dosparate que atenta contra calquera principio de proporcionalidade e mesmo de representatividade”.

Reigía considera ademais que as cifras que se barallan para as dedicacións son “excesivas”. Aseguran que votarían a favor dun salario digno da dedicación exclusiva para o alcalde, pero nunca para unha hipotética dedicación de Cañizo.

Así, Riegía asegura que “é unha mágoa que non se poida conformar unha alternativa seria e progresista para un concello como o noso que leva demasiado tempo estancado”.

Novas relacionadas

Comentarios