Mércores. 01.05.2024
El tiempo

A Carreira Pedestre de Malpica celebrarase o 30 de setembro

Carreira Pedestre Malpica 2023
A Carreira Pedestre de Malpica celebrarase o 30 de setembro

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e a concelleira de Deportes, Noelia Freijeiro, presentaron onte no Concello de Malpica a VI edición da “Carreira Pedresete do Concello de Malpica”. A proba celebrarase o vindeiro 30 de setembro e trae como novidade a modalidade 2k que sairá polo percorrido inicial da 10k.
A cita percorrerá as rúas da vila, co obxectivo de fomentar a práctica da actividade física para acadar unha vida máis saudable e ademais ten carácter solidario, por cada inscrito na carreira a organización doará 1€ á Asociación Española Contra o Cancro.

A carreira celebrarase en cinco distancias distintas: a proba absoluta, de 10.000 metros de percorrido; as sub-12, sub-14 e sub-16, de 2.100 metros; a sub-10, de 740 metros, 2km e a categoría biberón, de 100 metros.
As inscricións poden realizarse a través da web championchipnorte.com.
Os trofeos da proba, son pezas de barro coa imaxe corporativa da proba 3D, aproveitando esta circunstancia para facer promoción da olaría de Buño.

Comentarios