Domingo. 07.06.2020
El tiempo

Carta ao Ministro: “Cremos que a pesca artesanal debería ter a posibilidade de acollerse a un ERTE”

Barco do cerco en Malpica-Foto-BenGunn
Barco do cerco en Malpica-Foto-BenGunn
Carta ao Ministro: “Cremos que a pesca artesanal debería ter a posibilidade de acollerse a un ERTE”
Este pasado luns, o alcalde de Malpica, Walter Pardo Añón, e o Patrón Maior da Confraría de Pescadores, Pedro Pérez Martelo, enviaban un escrito ao Ministro de Pesca e Alimentación, Luís Planas, para trasladarlle a preocupación do sector do mar nestes tempos de pandemia.

Conscientes de que a pesca forma parte da cadea alimentaria e que o peixe é un ben de primeira necesidade, deixan patente que as embarcacións da pesca de baixura non poden garantir as medidas de seguridade e saúde necesarias. “Cremos que a pesca artesanal debería ter a posibilidade de acollerse a un ERTE”, sinalan.

Lembran que as embarcacións non superan os 20 metros de eslora, con ata 10 traballadores, “polo que a distancia de 1,5 metros é practicamente imposible de cumplir. Ademais, “tanto as “mascarillas” como os EPIs nin ambiente húmido e en duras condicións de traballo ofrecen pouca ou nula protección aos tripulantes”.

A todo isto, como xa comentamos, únese a caída dos prezos o peixe, derivado do peche da hostalería e restauración. “De feito, o peixe estes días non cubre os prezos de produción e xa non existe prezo mínimo garantizado”, explican.

Novas relacionadas

comentarios