Carta ao Ministro: “Cremos que a pesca artesanal debería ter a posibilidade de acollerse a un ERTE”
Conscientes de que a pesca forma parte da cadea alimentaria e que o peixe é un ben de primeira necesidade, deixan patente que as embarcacións da pesca de baixura non poden garantir as medidas de seguridade e saúde necesarias. “Cremos que a pesca artesanal debería ter a posibilidade de acollerse a un ERTE”, sinalan.
Lembran que as embarcacións non superan os 20 metros de eslora, con ata 10 traballadores, “polo que a distancia de 1,5 metros é practicamente imposible de cumplir. Ademais, “tanto as “mascarillas” como os EPIs nin ambiente húmido e en duras condicións de traballo ofrecen pouca ou nula protección aos tripulantes”.
A todo isto, como xa comentamos, únese a caída dos prezos o peixe, derivado do peche da hostalería e restauración. “De feito, o peixe estes días non cubre os prezos de produción e xa non existe prezo mínimo garantizado”, explican.