A Casa do Concello de Malpica loce unha pancarta polo Día do Cancro de Mama
10:19 19/10/21
Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional contra o Cancro de Mama, a Casa do Concello loce, desde hoxe, unha pancarta baixo o lema "Únete ao rosa".
Con esta mensaxe, o goberno local e a corporación enviaron o seu apoio e forza a todas as mulleres que loitan e loitaron para superar esta enfermidade.