Venres. 19.04.2024
El tiempo

Cerca de 1000 veciños recollen os títulos da concentración parcelaria de Cerqueda

Cerca de 1000 veciños recollen os títulos da concentración parcelaria de Cerqueda
Os vecinos de Cerqueda recolleron onte os titulos da parcelaria da man da conselleira de Medio Rural Os vecinos de Cerqueda recolleron onte os titulos da parcelaria da man da conselleira de Medio Rural A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez Mejuto, entregou onte os títulos de propiedade da concentración parcelaria de Cerqueda, poñendo fin deste xeito a un proceso que durou 24 anos. “Foi moito tempo”, recoñeceu a conselleira, quen animou aos veciños e veciñas a aproveitar as vantaxes que supón esta redistribución do terreo, que a unha superficie de 793 hectáreas e beneficia a preto dun millar de veciños. A conselleira, acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, e o alcalde da localidade, Eduardo Parga, destacou a importancia destes procesos reorganizativos do territorio posto que redunda nunha mellora da calidade de vida dos veciños. Neste senso, destacou que das 4.585 parcelas iniciais se pasou a ter 1.849 novas fincas, aumentando a superficie media de cada parcela en preto do dobre. Este incremento territorial beneficia directamente ás explotacións agrogandeiras, salientou Ángeles Vázquez, xa que permite ampliar a base territorial das mesmas e reducir así custos. Por iso, a reestruturación parcelaria é fundamental para que o agro galego siga estando vivo e sexa unha opción de futuro. Xornada histórica O alcalde de Malpica, que cualificou a xornada como histórica, destacou a iniciativa dos veciños e veciñas de Cerqueda ao impulsar unha concentración parcelaria “que marca un antes e un despois na distribución das terras e nas súas posibilidades de aproveitamento agrogandeiro”. Eduardo Parga agradeceu á conselleira de Medio Rural o impulso que se lle dou nos últimos anos á concentración parcelaria “a pesar da situación de crise” e expresou a súa esperanza de que o proceso culminado onte “axude a revitalizar o sector agrogandeiro na parroquia de Cerqueda e anime a outros veciños doutras parroquias a seguir o voso exemplo”. Angeles Vazquez Mejuto, conselleria de Medio Rural, entrou os titulos da parcelaria no centro civico de Malpica Ángeles Vázquez Mejuto, conselleira de Medio Rural, entregou os títulos da parcelaria no centro Cívico de Malpica Onte no Centro Cívico de Malpica estaban convocadas as máis de 400 persoas que acudiron semanas atrás a entregar os seus datos. Para as que non puideron asistir, a partir de hoxe os títulos de propiedade estarán dispoñibles, de forma indefinida, na xefatura do Servizo de Infraestruturas Agrarias - edificio administrativo de Monelos, 6º andar, na rúa Vicente Ferrer, núm. 2 – A Coruña -. Novas relacionadas Fonte

Comentarios