Luns. 07.10.2024
El tiempo

Cincuenta persoas participan no programa de envellecemento activo de Malpica

Cincuenta persoas participan no programa de envellecemento activo de Malpica
Onte presentouse o programa de envellecemento activo posto en marcha polo concello de Malpica Onte presentouse o programa de envellecemento activo posto en marcha polo concello de Malpica Un total de 50 veciños e veciñas de Malpica participan no programa de Envellecemento Activo promovido pola concellería de Servizos Sociais de Malpica e subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña e que ten como obxectivo dotar ás persoas maiores das ferramentas necesarias para poder manter a súa autonomía, ademais de evitar o seu illamento e de favorecer a súa participación social. A xestión do programa correspóndelle a + Porvir, a empresa de economía social da asociación Íntegro, qeu impartirá as actividades no centro cívico de Malpica e na casa do Oleiro de Buño. Os maiores desenvolverán unha serie de actividades entre as que se atopan a estimulación cognitiva, xogos de mesa e campionatos, corpo e mente en movemento,taller afectivo sexual, obradoiro de mantemento físico con pilates, cachibol, elaboración de xabóns, recuperación de receitas tradicionais, elaboración menú e degustación conxunta, charla de reumatoloxía, balneario e festa de clausura. “É un programa de Envellecemento Activo que, como se pode comprobar, favorece a participación activa dos e das veciños e veciñas dun xeito dinámico e lúdico”, explicou Marisol Blanco na presentación do programa, na que participaron tamén o alcalde de Malpica, Eduardo Parga; o tenente de alcalde, Miguel Fernández, e o administrador de + Porvir e presidente de Íntegro, Adolfo López Baña. Novas relacionadas Fonte

Comentarios