luns. 11.11.2024
El tiempo

Clausurado o obradoiro de manualidades de Malpica no que participaron 23 nenos e nenas

Clausurado o obradoiro de manualidades de Malpica no que participaron 23 nenos e nenas
obradoiro-manualidades-malpica obradoiro-manualidades-malpica Cos seus correspondentes diplomas e medallas en man, os 23 nenos e nenas que participaron no obradoiro de manualidades organizado pola concellería de Educación, Cultura e Turismo de Malpica pecharon o obradoiro demostrando o aprendido. Ao longo de todo o curso, e coa axuda da súa monitora - Lucía Villanueva - puxeron en práctica a reutilización e a reciclaxe, convertendo a parte metálica das pinzas da roupa en brazaletes ou os cartóns dos ovos en obxectos de decoración. Segundo as épocas do ano tamén fixeron os centros para as mesas de Nadal, os agasallos para o día do Pai e o día da Nai... Aprenderon a traballar con madeira, con goma eva e distintas técnicas de pintura. E boa parte do que fixeron pode verse xa na exposición inaugurada onte polo alcalde, Eduardo Parga, na planta baixa do Centro Cívico. O alcalde foi tamén o encargado de entregar os diplomas aos nenos e ás nenas, para o cal contou coa axuda do tenente de alcalde Miguel Fernández. O acto tivo lugar no auditorio, no que se deron cita tamén as familias dos alumnos, nenos e nenas de catro a dez anos de idade moi traballadores e “sempre dispostos a aprender”, como dixo a súa monitora. Despois do acto oficial, todas e todos participaron nunha merenda. Novas relacionadas Fonte

Comentarios