Venres. 18.06.2021
El tiempo

Colocan unha "eco-nasa" no Paseo de Malpica para reciclar e concienciar

Econasa Malpica
Econasa Malpica
Colocan unha "eco-nasa" no Paseo de Malpica para reciclar e concienciar

Fermosa iniciativa do Concello de Malpica, a través da concellería de Medio Ambiente, ao colocar unha 'eco-nasa' no paseo marítimo de Malpica. Este contedor está destinado para o depósito de envases, plásticos, latas, bricks ou outro tipo de elementos que habitualmente se colocan no colector amarelo.

Desde o goberno local indicaron que se trata dunha nova iniciativa "coa que animar á veciñanza a empregar os colectores de reciclaxe para conservar mellor o noso entorno". "O futuro está nas nosas mans, polo que seguiremos promovendo unha Malpica verde que contribúa a coidar do ecosistema", destacaron.

Ademais, o Concello lembra que vén de completar a limpeza do lavadoiro de Mens dentro do seu programa de acondicionamento de áreas recreativa.

concelleira de Medio Ambiente e Educación, María Manuela Álvarez, e o alcalde de Malpica, Walter Pardo coa Econasa Malpica
A concelleira de Medio Ambiente e Educación, María Manuela Álvarez, e o alcalde de Malpica, Walter Pardo coa Econasa Malpica

comentarios