Comezan as obras da nova senda peonil en Mens


A Deputación da Coruña comezou esta semana as obras de construción dunha nova senda peonil na estrada provincial DP 4307 de Malpica a Ponteceso. A senda, que supón un investimento de 83.784,42 euros, terá 790 metros de lonxitude e ubícase no lugar de Mens, dando continuidade á existente actualmente entre os puntos quilométricos 5 e 6. O andén peonil continuará así ata o PK 4+210, mellorando a seguridade da estrada provincial. As obras comezaron coa retirada de todos os elementos de mobiliario urbano afectados pola obra, entre eles sinais de tráfico e biondas, o desbroce das cunetas e a demolición do pavemento asfáltico na marxe dereita da calzada. A nova senda terá un ancho total de 2,10 metros, dos que 0,30 m. correspoden á zona de seguridade entre a calzada e o andén peonil. O proxecto inclúe tamén rede de recollida de pluviais e a reposición de sinalización horizontal e vertical. O prazo de execución é de catro meses. Novas relacionadas
- Outubro 2016: Adxudicadas por 43.681€ as obras de mellora na travesía da Camuza de Malpica.
- Setembro 2016: As obras da senda peonil entre Xornes, Buño e Canta La Rana arrincarán este ano.
- Setembro 2016: A Deputación inviste máis de 200.000 na construción de novas sendas peonís en Vimianzo e Malpica.
- Malpica destina máis de 65.000 euros á mellora do alumeado público de Buño
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)