Comezaron as obras de humanización da rúa Igrexa de Malpica
10:48 24/02/21
Continúa a política de peonización do casco urbano de Malpica. Faino agora coas obras de humanización da rúa Igrexa, cos que se lle outorgará o protagonismo ao peón fronte ao tráfico rodado neste espazo que dá acceso á igrexa parroquial de San Xulián. O proxecto conta cun orzamento de 85.459,72 euros.
A obra inclúe, ademais da renovación da calzada, a retirada do mobiliario existente e a instalación dunha nova rede separativa de saneamento e de abastecemento de auga.