Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Concello de Malpica comeza a sinalización da Vía Céltica

Via Celtica sinaliza Malpica
A sinalización da Vía Céltica ao seu paso por Malpica foi deseñada pola Olería de Buño
O Concello de Malpica comeza a sinalización da Vía Céltica

O Concello de Malpica comezou a sinalización do camiño urbano coa sinaletica especifica da Vía Céltica. A Casa do Pescador sitúase como km.0 desta nova ruta xacobea, xa que este edificio foi construido sobre a primeira rampa do Porto de Malpica.

O Alcalde Eduardo J. Parga Veiga e Concelleira de Cultura Noelia Freijeiro Novo, manifestan o seu apoio a este produto turístico de primeira orde creado pola sociedade civil, que permite a recuperación e limpeza de camiños históricos e traballa cada día na promoción e consolidación deste itinerario.

Comentarios