Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A Vía Céltica xa está sinalizada tamén por Cabana

CABANA - VÍA CÉLTICA 2
A Vía Céltica xa está sinalizada tamén por Cabana

Deron comezo recentemente aos labores de sinalización do trazado da Vía Céltica que transcorre polo termo municipal de Cabana. Así, os peregrinos que fagan esta ruta xacobea poderán atopar máis facilidades ao contar con indicadores ao longo dos distintos puntos polos que discorre o seu percorrido.

Dende o Concello entenden que a Vía Céltica supón un importante impulso para a promoción turística dos municipios que atravesa, especialmente grazas ao seu recoñecemento como ruta oficial de peregrinación a Santiago, permitindo que todas as persoas que aposten por ela como ruta de peregrinación poidan obter a Compostela ao chegar á capital galega.

Máis novas das Vía Céltica

Comentarios