Martes. 15.10.2024
El tiempo

O Concello de Malpica lanza unha nova recollida casa por casa de residuos urbanos especiais

Recollida residuos especiais
O Concello de Malpica lanza unha nova recollida casa por casa de residuos urbanos especiais

A concellería de Medioambiente do Concello de Malpica continúa traballando para impulsar a reciclaxe dos residuos urbanos especiais lanzando unha nova ruta de recollida que comezará o vindeiro luns, 9 de outubro, ata o mércores 27 de outubro.

Dende o próximo luns, 9 de outubro, ata o mércores, 27 de outubro, recolleranse porta a porta os seguintes residuos:
- Aceite de cociña usado: de fritura, de conservas...
- Graxas e manteigas: animal, de roxóns...
- Pilas e baterías: de botón, AAA, alcalinas, electrónicas e de vehículos a motor...
- Bombillas: de baixo consumo, LED e fluorescentes...
- Electrodomésticos e electrónicos pequenos do fogar: microondas, tostadores, secadores, radios, teléfonos, ordenadores, ferramentas eléctricas...
- Consumibles de impresoras: tóner, cartuchos e tambores...
- Residuos téxtiles e roupa: non importa o seu estado (roto, destinguido...), só se solicita que estea limpo.
- Restos metálicos pequenos do fogar: tixolas, moldes, potas, enxoval do fogar, bandexas...

As rutas

A empresa RGR Sostenible, S.L. será a encargada de realizar este traballo. O día da recollida, os residuos deberanse deixar nun lugar accesible antes das 9.00 horas. Podes contactar coa empresa a través do número de teléfono 639 920 936 (tanto por chamada como mediante WhatsApp).

A continuación, relátanse as rutas que se farán cada un dos días:

  • LUNS 9 OUTUBRO: Aviño, Cambre, Pedrosa- A Tremoa, Rabuceiras, A Raxeira, Brión, O Castro.
  • MARTES 10 OUTUBRO: Feira Nova, Vilar, O Empalme, A Camposa, O Piñeiro, Rúa Santa Catalina vivendas con números pares ata A Plaza.
  • MÉRCORES 11 DE OUTUBRO: Rúa Forno Novo, Rúa Mouróns, Rúa Santa Filomena, Rúa Xaviña, Canelas, Rúa Nova , Rúa Gaio, Praza Cruceiro, Rúa
  • Costa, Rúa Boavista, Rúa Santa Catalina vivendas números impares.
  • LUNS 16 DE OUTUBRO: Zona Polígono Industrial, Buño, Aldeola, O Ceán, A Lagoa, Loroxo, Algadán, Pozacas-Leduzo, Taraio, Cerqueda.
  • MARTES 17 DE OUTUBRO: Pasacondia, Cortés, Filgueira, A Fonte dos Bois, Seixas, Vilarnovo, Piñeiros, Rúa Ventorrillo, Pedra Queimada, As Neves, A
  • Camuza, Travesia I A Camuza A , Rúa Ventorrillo, Escorial.
  • MÉRCORES 18 DE OUTUBRO : Rúa Emilio González López, Areal, Praza Santa Lucía, Igrexa, Agros, Praza Fonte Vella, Barreiro , Travesía Orxeira, Rúa Orxeira, Travesia 1 As Neves, Travesia 5 Río.
  • XOVES 19 DE OUTUBRO: Rúa As Neves, Travesia 2 Río, Travesía 3 Neves, Travesia 5 Neves, Rúa Neves B, Travesía 7 Río, Travesía 4 Río, Travesía 6 Río, Travesía 3 Río,Rúa Agra do Río, Travesía 2 Río, Travesía 1 Río, Rúa Camiño do Río, Eduardo Vila Fano.
  • VENRES 20 DE OUTUBRO : Praza do Cruceiro, R/ Tío Paz, R/ San Ramón, Travesía 1 San Ramon, Travesía 2 San Ramón, Atalaia, Altamira, R/ Ramona Criado, R/Mestra, R/Caldeirón, R/Eduardo Pondal, R/ Patria Galega, R/ Campo, R/Areal, R/Carreixo do Muiño, R/Antonio Montero, R/ Praia.
  • LUNS 23 DE OUTUBRO: R/ Guardia Pardines, R/ Areal, R/Doctor Fleming, Canido, R/A Camuza C, Estrada DP4307 dende Malpica ata o desvío cara Santiso, Travesia 2 A Camuza, Travesia 3 A Camuza, A Camuza C, Cancela de Areas, Vista, Pedrediña, Camiño da Vist, R/ Agra de Lucas, R/ Arnado.
  • MARTES 24 DE OUTUBRO: Estrada DP 4307 dende o desvío hacia Santiso ata Beo, Estrada DP4305 hacia Santiso, Santiso, Pontella, Cova, Castiñeiro, Sorrio, A Fonte Dorta, O Petón, R/ A Horta Nova, O Seixo, A Orxeira, Estrada Santo Hadrian.
  • MÉRCORES 25 DE OUTUBRO: Beo, Vigo, Estrada DP4307 dende Beo ata Seiruga, Seiruga.
  • XOVES 26 DE OUTUBRO : Campelo, Barizo, Porto de Barizo, Avd. Agra de Lamas, Porto do Fondo, As Casas Novas, Mens.
  • MÉRCORES 27 DE OUTUBRO: Mens, O Miñon, Asalo, Bocelo, Badarra.

 

Comentarios