Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Concello de Malpica organiza andainas para promocionar a Vía Céltica

Via Celtica sinaliza Malpica
O Concello de Malpica tamén promoveu a sinalización da Vía Céltica con elementos da Olería de Buño
O Concello de Malpica organiza andainas para promocionar a Vía Céltica

O Concello de Malpica é unha das que máis aposta pola Vía Céltica, ese Camiño Xacobeo que une os portos da Costa da Morte con Santiago. Un produtor turístico de enorme potencial para a comarca, promovido dende a sociedade civil e que as administracións tardan en apoiar.

Desta volta é a Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes do Concello de Malpica a que organiza un roteiro de sendeirismo pola Vía Celtica, un camiño histórico. O percorrido total é de 80 quilómetros dividido en catro etapas de dificultade media-baixa:

  • 14 de abril: 1ª etapa: Malpica - Verdes (17,5 km) 28 de abril: 2ª etapa: Verdes - Xallas de Castriz (22 km)
  • 12 de maio: 3ª etapa: Xallas de Castriz - Páramos (16,5 km) 2
  • 6 de maio: 4ª etapa: Mos para - Santiago de Compostela (24 km)

VÍA CÉLTICA Rutas Malpica

Inscrición e prazas limitadas

As prazas para cada etapa son limitadas a 50 participantes. As personas interesadas poden inscribirse partir de hoxe xoves 21 de marzo no Rexistro Xeral do Concello de Malpica, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Para obter máis información sobre o roteiro, poden contactar co departamento de Educación e Cultura do Concello de Malpica chamando ao 981 707 104 ou por correo electrónico a anton.noceda@malpicadebergantinos.es

Máis novas da Vía Céltica

 

Comentarios