Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Concello de Malpica presume de orgullo oleiro cun concurso

Concurso Olaria Buno Concello Malpica
O Concello de Malpica presume de orgullo oleiro cun concurso

A Concellaría de Olaría de Malpica pon en marcha un concurso para visibilizar o potencial artístico e cultural dos e das oleiros e oleiras de Buño.

Cada mes publicarase a través da páxina de Facebook do Concello a imaxe dunha peza de barro. Os interesados en participar no sorteo da mesma deberán adiviñar que artesán ou artesana a elaborou. Logo de dous días de prazo para formular as propostas, sortearase a creación entre os acertantes.

Dende o Concello daráselle ó premiado un vale con todos os datos da peza artística: nome, autor, dirección do obradoiro ou tenda... Importante: non se farán envíos! Os premios débense recoller en persoa.

“Presumamos do noso orgullo oleiro!”, di a campaña.

Comentarios