A Confraría de Malpica acolle un curso para facerse Redeira

09:15 09/08/22
A partir do 8 de setembro a Confraría de Malpica acolle un curso de redeiras para a obtención da calificación profesional. Está destinado a persoas desempregadas ou profesionais en activo que queiran especializarse.
O curso será ata o 24 de novembro, con xornadas completas de 8 horas, e cómpre inscribirse antes do 15 de agosto en [email protected].