A Confraría de Malpica envía 1.600€ ao pósito de Tazacorte, que levan 3 meses sen traballar

11:18 15/12/21
Xa non está na primeira páxina dos xornais nin nos titulares dos Telediarios, pero o volcan Cumbre Vieja segue marcando as vidas das xentes de La Palma. Vidas como as dos pescadores da Confraría de Tazacorte, que levan sen faenar dende a erupción do volcán, o 19 de setembro.
Para intentar botar unha man a Confraría malpicá realizou unha campaña de recadación para enviar aos seus compañeir@s, e conseguiron enviar 1.600€ que xa foron transferidos
Dende Malpica xa 2000€ para as asociacións animalistas a través do Festival Isla Bonita.