Venres. 04.10.2024
El tiempo

O Festival Isla Bonita de Malpica recaudou máis de 2.000 euros para axudar ás asociacións animalistas da illa de La Palma

Las Antonias
Las Antonias no festival solidario. Foto. D. Varela
O Festival Isla Bonita de Malpica recaudou máis de 2.000 euros para axudar ás asociacións animalistas da illa de La Palma

Fermosa tarde a do pasado sábado 23 de outubro, co desenvolvemento do Festival Solidario Isla Bonita. Unha cita artellada polo Concello de Malpica a e Asociación Cultural e Deportiva Salitre, que lograron recadar un total de 2.075 euros, que saen directos para axudar ás asociacións animalistas da illa de La Palma, que segue a estar afectada pola erupción do volcán de Cumbre Vieja.

O evento, que tivo lugar en Canido, contou coa participación dunha ducia de bandas de Malpica e doutras zonas da provincia da Coruña. Entre os grupos e artistas convidados estiveron o Mago Carlangas, Meigallo da ACD Carcaxía, Gaiteiros da AC Malante, Salitre no Pupitre, Xurxo Souto, O Pau Ke Vira, Juampiños, Improvisóns, Cantareiras da AC Raigañas, Las Antonias, Amenaza de Muerte e DJ SIL.

Tanto o Concello como a Asociación Salitre queren trasladar o seu agradecemento ás máis de vinte entidades e empresas colaboradoras na causa, entre as que se atopan a Confraría de Pescadores de Malpica, Super MM, Aliprox, Tenda da Tía Carmen, Librería Miguens, Cartafol, Comestibles Varela, Carnicería Lola, Carnicería Moncho, Panadería La Trigalia, Panadería Forno Novo, Adozarte, Restaurante Casa Antonio, Submarino, Bar Santiago Apóstol, A Taberna do Lesto, Bar Humboldt, Cafetería Don Paco, Bar Larada, Bar Dársena, Club Patín Velúa, ACD San Xulián e UD Cerqueda. Tamén a F3 Vídeo e Damián Varela, encargados de cámara e fotografía, así como a Rakelua Coiro e Fátima Bermúdez, do apartado de decoración.

Comentarios