Venres. 04.10.2024
El tiempo

Corme lidera e Carballo coordina a onda de solidariedade da Costa da Morte para La Palma

Xentes da Confraria de Corme colaborando na onda solidaria
Xentes da Confraria de Corme colaborando na onda solidaria
Corme lidera e Carballo coordina a onda de solidariedade da Costa da Morte para La Palma

Espectacular o que está armando a Confraría de Corme coa súa iniciativa solidaria para enviar material de primeira necesidade ata La Palma. “Está sendo un éxito total, estamos algo desbordados, a verdade”, recoñece o armadanzas desta onda solidaria, o patrón maior Roberto Vidal, que estes días mesmo ten que explicar a aventura nas ondas da radio estatal.

Levan colleitados case 1.500 kg de material, ou unha furgoneta enteira cargada de produtos de limpeza, de hixiene, de sarténs, vaixelas… algo de roupa (máis de nenos), toallas, pañales, toallitas, compresas, mascarillas, xels… xogos para nenos, cunas… De todo están recibindo, gracias a que el está en contacto directo coas confrarías da zona afectada pola explosión do volcán Cumbre Vieja.

”Houbo moita xente que veu á Confraría á entregar material, pero a maioría os estamos recollendo nos puntos de recollida”, explica en relación á extensa rede de establecimentos de todo que colaboran coa iniciativa solidaria como tendas, peluquerías, bares,… situados en A Coruña, Arteixo, Ponteceso, Laxe, Barrañán… “Aínda temos que cargar outra furgoneta estes días con cousas que nos están esperando na Coruña, en Tella, en Brantuas, na Confraría de Laxe…”.

Coordina Protección Civil de Carballo

A idea da xente da Confraría era envialo directamente a través dalgunha empresa de correo, pero foi imposible facelo posible, polo que se decidiron a facelo a través de Protección Civil de Carballo, que está coordinando o envío en toda a comarca.

A entidade carballesa uniuse como unha das tres Agrupacións da provincia nesta recollida a nivel estatal por parte de Protección Civil. A nivel local están contentísimos coa acollida da campaña, e dende o venres, que publicaban o cartel, xa foron chegando familias particulares a facer doazóns, e teñen recibido moitas preguntas polo horario. “Sé que la gente é solidaria pero estou alucinada”, explican dende a entidade.

Almacen de Proteccion Civil a luns
Así de cheo estaba xa onte o almacén de Protección Civil de Carballo

Máis sorprendidos quedaron coa resposta da xente de Corme, que encheu o almacén previsto provocando que anden solicitando a colaboración en forma de nave para ir almacenando. Igualmente fan o chamamento para que todo o mundo poida traer roupa de cama (sabas, mantas…), toallas e material de hixiene tanto para adultos coma para nenos, que son os que o están tendo máis difícil estes días.
Piden tamén ás empresas se poden axudar con material técnico coma cascos, chalecos, máscaras filtrantes ou lanternas.

Protección Civil de Carballo segue recollendo doazóns (en forma de material, nunca cartos), ata venres 8 de outubro en horario ininterrumpido de 8:00 a 22:00h.

A lista dos solidarios

Queremos aproveitar e agradecer con nomes e apelidos a xente que está colaborando activamente nesta iniciativa, e damos un paseo por Corme para engadir a lista de entidades da vila que están participando:

  • Cofradía de pescadores de Corme.
  • Club de Xubilados.
  • Hermandad Virxen dos Dolores.
  • AVV San Adrián de Corme Aldea.
  • AC Comisión de Festas de Corme.
  • AVV de Corme .
  • Asociación para a promoción do Percebe do Roncudo.
  • Corme C.F.
  • A.C. Insua de Viastela .
  • ANPA As Forcadas.
  • Redeiras Illa da Estrela de Corme.
  • Club Náutico Marítimo Punta do Roncudo.
  • Ponteceso Cultura Permanente.
  • A.C.D. Nosa Señora do Faro de Brantuas e Niñóns.
  • AVV Os Seixos -Tella .
  • Asociación A Xolda Cores/Nemeño.

Ademais, esta é a longa serie de establecimentos que serven de punto de recollida:

  • CORME:
    - Farmacia De Castro y Aranda (productos de aseo e hixiene).
  • PONTECESO:
    - Eroski.
    - Parafarmacia Horizonte. (Productos de aseo e hixiene)
    - Pescadería Barrena.
  • LAXE:
    - Eroski.
    - Covirán.
    - Cofradía de Pescadores de Laxe.
    - Cadena 100.
  • BRANTUAS:
    - Local Social.
  • TELLA:
    - Local Social.
  • SEAIA:
    - Covirán (Super M.M.)
  • CORES/NEMEÑO:
    - Local Social.
  • ARTEIXO:
    - Bodorrio.
  • BARRAÑAN:
    - Peluquería Naty
  • BUÑO:
    - Cáritas.
  • A CORUÑA:
    - Café-Bar Kristel;
    - Café-Bar Tío Ché.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios