A confraría de Malpica oferta un curso de actualización da Formación Básica de Seguridade para autónomos

07:52 20/01/22
Volve a Confraría de Malpica acoller cursos formativos, necesarios para saír ao mar. Neste caso, a oferta está destinada só a autónomos, e trátase do Curso de Actualización da Formación Básica en Seguridade.
É un curso gratuito, que se desenvolverá os sábado 5 e domingo 6 de febreiro, pola mañá e pola tarde.
Para inscribirse (teñen preferencia os socios do pósito), cómpre entregar o DNI presencialmente na oficina.