A Confraría de Malpica explica os proxectos científicos nos que participa arredor da zamborca e a saboga
Continúa a Confraría de Malpica apostando pola investigación para scarlle máis rendemento ao noso mar. Desta volta, organiza para este 19 de novembro unha xornada informativa para dar conta dos avances do proxecto desenvolto xunto coa Universidade de Santiago sobre a zamborca e a saboga.
”As confrarías e o sector, cando nos unimos con outras entidades, poden saír proxectos que afondan no coñecemento do medio mariño e quen sabe se na propia valorización do recurso tanto de xeito económico coma vital para darnos conta de que todos formamos parte dunha importante cadea interrelacionada”, sinalan dende o pósito.
”Por iso, sempre loitamos por visibilizar a importante función social, educativa, histórica e científica que desenvolvemos é que na maioría das ocasións, non sae a relucir se non é con xornadas coma esta”.
NOVAS RELACIONADAS
- Maio 21: A Confraría de Malpica proponse aproveitar a zamborca como recurso gastronómico.
- Abril 21; A confraría de Malpica continúa aproveitando os recursos do mar cun novo plan de explotación de ourizo a pé.
- Febreiro 21: Malpica, pioneira na extracción de anemone, abre a convocatoria para 10 permex a pé.
- Xaneiro 21: Acuistar: As confrarías de Malpica e Camariñas participan nun proxecto de valorización da estrela de mar.
- 2019: O ourizo revaloriza a lonxa de Malpica e perfílase como alternativa local para as ceas de Nadal
- Martiño Nercellas: Presumamos do ourizo da Costa da Morte.